viernes, 1 de marzo de 2019

Expressions françaises

Bonjour! Cliquez ici pour voir un compendium de expressions propres du français. Bonne journée à tous!

jueves, 28 de febrero de 2019

Centros innovadores

O primeiro dos modelos educativos presentados na aula, o do Colexio Padre Piquer, aposta pola aprendizaxe cooperativa e a posibilidade de realizar diversas tarefas paralelas na aula. Defenden unha aprendizaxe para a vida. Por iso, o equipo docente é o primeiro en traballar en equipo. As clases desmontan o sistema tradicional: xuntan a 50 alumnos e alumnas e a varios profesores ao cargo. Deste xeito, os docentes son os primeiros en ensinar a traballar en equipo. O segundo centro, o Colegio Santa María La Blanca, centra a súa actividade no sistema EBI, isto é, educación básica interactiva. Este proxecto baséase na personalización para deseñar un camiño para que cada alumno atope o seu sentido persoal ao proxecto de aprendizaxe. Dous son os criterios que rexen o sistema EBI: todo acto educativo debe comprender o perfil de aprendizaxe de cada alumno. Cada persoa defínese por un xeito persoal de aprender. 
Débese coñecer a cada alumno e axudarlle a que se coñeza a si mesmo. Segundo este centro, no proceso de aprendizaxe escolar é importante establecer a diferenza entre o que un alumno pode facer e aprender por si mesmo e o que é capaz de facer e aprender en relación a outros, xa sexa o profesor, os seus compañeiros ou outros membros da comunidade educativa. Coido que estes sistemas presentan unha maneira de traballar innovadora, pero con varias reservas. En primeiro lugar, habitualmente mestúrase innovación educativa con uso de tecnoloxías. O emprego de ordenadores e calquera outro dispositivo electrónico na aula non implica innovación. Ademais, e centrándome no segundo dos colexios, promover o individualismo e o éxito individual contribúe negativamente á sociedade globalizada na que vivimos. Non hai integración posíbel sen traballo en grupo e cooperación. Por iso, coido que o primeiro dos sistemas tratados na aula é o máis adecuado, maila que o ideal para min sempre será un modelo público e totalmente laico.

Point grammaire: Le futur proche

Aujourd´hui je vous propose une petite activité pour réviser le futur proche. Mes élèves de 2º doivent faire l´exersice proposé dans la vidéo. Gros bisous!

L´histoire de la giraffe blanche qui voulait rassembler à une vraie giraffe

Bonjour mes chères élèves!
Je vous encourage á écouter l´histoire de la giraffe blanche qui voulait rassembler à une vrai giraffe. C´est une histoire très jolie. Ce que vous devez faire après c´est choisir un animal sauvage ou bien, un animal bizarre et raconter une petite histoire. Par exemple, je vous propose écrire un récit à propos du crocodrile du Rato, la zèbre du Miño... J´ai envie de lire vos incroyables résultats!

jueves, 21 de febrero de 2019

Amusez-vous! Complétez votre vocabulaire á propos des vêtements

Source pour étudier la grammaire


As primeiras actividades que aparecen no repositorio de contidos Abalar para o ensino/aprendizaxe de francés están dedicadas á gramática. Trátase dunha serie de ferramentas e actividades chamada “Grammaire inversée”. Calquera dos recursos consta dun vídeo no que se explica un punto concreto de gramática, coa posibilidade de descargar un PDF con actividades que completan esa explicación. Os exercicios tamén son puramente gramaticais: as actividades consisten en encher ocos e transformar frases.Este material é ideal para aqueles alumnos ou alumnas que precisen estudar ou repasar un punto concreto da gramática francesa.