jueves, 28 de febrero de 2019

Centros innovadores

O primeiro dos modelos educativos presentados na aula, o do Colexio Padre Piquer, aposta pola aprendizaxe cooperativa e a posibilidade de realizar diversas tarefas paralelas na aula. Defenden unha aprendizaxe para a vida. Por iso, o equipo docente é o primeiro en traballar en equipo. As clases desmontan o sistema tradicional: xuntan a 50 alumnos e alumnas e a varios profesores ao cargo. Deste xeito, os docentes son os primeiros en ensinar a traballar en equipo. O segundo centro, o Colegio Santa María La Blanca, centra a súa actividade no sistema EBI, isto é, educación básica interactiva. Este proxecto baséase na personalización para deseñar un camiño para que cada alumno atope o seu sentido persoal ao proxecto de aprendizaxe. Dous son os criterios que rexen o sistema EBI: todo acto educativo debe comprender o perfil de aprendizaxe de cada alumno. Cada persoa defínese por un xeito persoal de aprender. 
Débese coñecer a cada alumno e axudarlle a que se coñeza a si mesmo. Segundo este centro, no proceso de aprendizaxe escolar é importante establecer a diferenza entre o que un alumno pode facer e aprender por si mesmo e o que é capaz de facer e aprender en relación a outros, xa sexa o profesor, os seus compañeiros ou outros membros da comunidade educativa. Coido que estes sistemas presentan unha maneira de traballar innovadora, pero con varias reservas. En primeiro lugar, habitualmente mestúrase innovación educativa con uso de tecnoloxías. O emprego de ordenadores e calquera outro dispositivo electrónico na aula non implica innovación. Ademais, e centrándome no segundo dos colexios, promover o individualismo e o éxito individual contribúe negativamente á sociedade globalizada na que vivimos. Non hai integración posíbel sen traballo en grupo e cooperación. Por iso, coido que o primeiro dos sistemas tratados na aula é o máis adecuado, maila que o ideal para min sempre será un modelo público e totalmente laico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario