Calquera docente que queira traballar de maneira innovadora deberá estar ao día en canto a aparición de novas ferramentas e plataformas que muden a súa tarefa. Un dos métodos innovadores de referencia nos nosos días é a ludificación ou gamificación. Coido que é un método versátil que poderá abranguer unha enorme diversidade de ferramentas e útiles. Empregando unha dinámica de xogo traballaremos o compromiso e o desexo de superación. Ademais, o xogo implica regras, polo que ademais da ludicidade, traballaremos tamén competencias relacionadas coa orde e co saber respectar.
Espero ser unha docente innovadora, disposta a introducir e mellorar o proceso de ensinanza e aprendizaxe de maneira continua. Para isto, será clave ter sempre presente que a innovación non é simplemente empregar ordenadores e dispositivos electrónicos nas aulas. A innovación será o meu savoir-faire diario, isto é, a filosofía da miña acción persoal. A innovación educativa parte do máis simple, polo que hai que ter a mente e os ollos ben abertos ao mundo (e os pés sempre na terra!).
No hay comentarios:
Publicar un comentario