Google Maps é unha
aplicación cada vez máis coñecida. Isto débese en grande parte á súa
versatilidade. Para que o alumnado coñeza o enorme potencial desta aplicación, elaboraremos
un mapa interactivo no que aparecerá a procedencia das mulleres importantes da
historia de Francia. Así, o alumnado traballará na busca de información, na ordenación
de datos (a través da plataforma) para despois conseguir que a información sexa
accesible dun simple golpe de vista. Con
esta actividade, fomentaremos a creatividade do alumnado, ao tempo que
traballamos baixo unha metodoloxía activa e investigadora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario